Grupos: Participación e TIC un tema no que profundizar

No II Congreso para a cibersociedade dentro do tema da democracia e a participación cidadá publicáronse algúns artigos que poden resultar de interese para ver a importancia da participación con pequenos grupos para desenvolver o que se ten chamado a e-democracia

Resulta necesario a existencia destas reflexións para ver máis aló da introducción de ferramentas que permitan o voto electrónico como a única aportación que poden facer as TIC ó crecemento da cidadanía.

Publicado en Reflexións participación | Comentarios desactivados en Grupos: Participación e TIC un tema no que profundizar

Grupos: Unha experincia intensiva e extensiva para a participación cidadá

En todo isto da e-administración existen algunhas experiencias comprometidas coa participación cidadá mediante o uso de software para a participación.

Existen redes de concellos que, no ámbito de Cataluña se teñen asociado para incentivar a “participación” como valor da administración e sistema para asegurar a eficacia, a eficiencia e a flexibilidade na xestión.

O proxecto Consensus pode dar pistas de cara onde camiñar nos nosos conellos. Sería interesante profundizar máis nesta experiencia.

Aquí queda esta experiencia para comentar gracias ó proxecto e-participa.

Publicado en Experiencias participación | Comentarios desactivados en Grupos: Unha experincia intensiva e extensiva para a participación cidadá

Blog: levas os teus favoritos postos?

Non o título non é ningún xogo de palabras 😉

Levalos postos pode ser unha forma estupenda de que che coñezan mellor.
Cando descubrín a utilidade que se lle podía sacar á función de administrar os favoritos do navegador, vin moito do meu traballo facilitado; e cando empecei a utilizar o Firefox e vin as vantaxes da xestión de Favoritos que ofrece e a súa apertura coas marabillosas pesatanas, xa foi o tremendo; pero cando probei esa “deliciosa” aplicación chamada del.icio.us, xa foi “a repanocha”; outras ferramentas polo estilo gre.ga.rius, blinklist, ou furl, son uns excelentes marcadores sociais; permitenche ter en calquera lugar con conexión á rede os teus favoritos, perfectamente catalogados según as túas etiquetas e o que é máis importante, permíteche compartilos.

Publicado en Marcadores sociais | Comentarios desactivados en Blog: levas os teus favoritos postos?

Blog: Sindicación, e agregadores

feed-icon32x32.png Son desas ferramentas que cando as probas, xa non deixas de utilizalas e en poco tempo notas que mudaches as túas formas de facer as cousas sen decatarte.

Coa de información que consumimos, ou queremos que outros consuman; e coa de sitios que temos que visitar (ou queremos que nos visiten 😉 faise necesario que alguén nos achegue a información sen a necesidade de ir buscala A sindicación é o que ten… Afórrase tempo e enerxía (co cara que está). Quen nola facilita? pois a ligazón RSS ou de formato similar que permita a sindicación e que son xenerados para un montón de contidos web (cada vez máis). Esa semente nese formato RSS, pode ser lido por algunhas aplicacións (de escritorio ou web); estas aplicacións son os agregadores ou lectores de Feeds, de sementes.

Os que máis me gustaron dos que probei (hai moitísimos e moi bos): Feedness (ao que lle teño aprezo por ser o primeiro de fala hispana que atopei); Feedreader (todo un clásico; e Bloglines (un monstruo). Todos eles permiten ter as túas fontes ocultas ou compartilas cos demais; É outra forma de darte a coñecer, o refrán podería ser..: “dime por onde andas, e direiche se me interesa ampliar a miña rede contigo”
Son para min unha referencia imprescindible:

A marabillosa presentación de Amador sobre o tema; o artículo de Anibal: No navegues deja que la información llegue a ti…

ou a presentación elaborada por Mario: Transformando el proceso de enseñanza mediante Weblogs y RSS

En Aulablog tedes á vosa disposición un tutorial de Bea Marín Cómo crear un lector de titulares en Bloglines en 6 pasos.

Máis sobre RSS ou sementes en: ST studio: ¿Qué es un feed y para qué sirve?; Ou dende Educastur. Uso educativo de las TIC: RSS y sindicación de contenidos

Publicado en Sindicación e agregadores | Comentarios desactivados en Blog: Sindicación, e agregadores

Blog: Compartir un blog

Compartir un blog, non é unha tarefa fácil, sobre todo tendo en conta que a idea inicial é que un “diario é personal” ou sexa que cando se decide compartir un blog de cara a un proxecto conxunto, é necesario poñer e/ou aceptar as “regras do xogo” e ter unha predisposición a “compartir” ese espazo.
1º Vimos que Blogia permite que outros usuarios distintos do seu “creador” fagan as súas anotacións nun blog determinado, para iso ten que estar configurado o blog dese xeito. Se lle queremos dar acceso a persoas determinadas, blogia permítenos facelo a 5 novos usuarios. Neste caso como somos moitos os que queremos realizar esta actividade, temos configurado para que se poida acceder mediante contrasinal.
Utilizade a “clave” que vos facilitei e o voso nome para acceder ao blog: http://intereatic.blogia.com e publicar unha anotación a anotación debe levar por título o voso nome e o concello de referencia e no corpo unha ligazón ao voso blogue personal o tema que lle debedes asignar é: “tecendo a rede”.

2º Engadide as etiquetas que estimedes oportuno

3º No mesmo blog probade a facer algún comentario aos posts dos vosos “colegas”.

Publicado en Blog: Actividades, Grupos | Comentarios desactivados en Blog: Compartir un blog

Blog: Engadir unha imaxe a unha anotación

Para realizar esta actividade entraremos no blog e iremos á última anotación que teñamos creada, escollendo a opción: modificar.

1º Insertar unha imaxe subíndoa dende o noso dispositivo (opción insertar unha imaxe que aparece na parte inferior do editor)
2º Insertar unha imaxe dende unha URL, o máis cómodo é utilizar o icono para insertar a imaxe que aparece na barra de ferramentas de edición
Esta opción é moi interesante porque hai un montón de aplicacións, como podemos ver en Ñblog ou en Roa Multimedia, que nos ofrecen unha URL de acceso ás imaxes que desexamos. Flickr, é un sistema de xestión online de imaxes cunha forte compoñente social, que fan del un dos máis avanzados e interesantes da web. Sobre todo fácil de usar e completísimo. Aquí a xente de Pop-pages.com ofrécenos un bo tutorial para o manexo de Flickr, aínda que a día de hoxe xa incormporaron novidades moi interesantes como por exemplo o Flickr Maps.

Neste caso, en Blogia e entrando como “usuario experto” permítese tomar as fotos que teñamos na nosa conta de flikr e insertalas directamente na anotación. Isidro nos conta o procedemento no seu post Blogia y Flickr

Publicado en Blog: Actividades, Imaxe | Comentarios desactivados en Blog: Engadir unha imaxe a unha anotación

Blog: Escribir unha anotación

Unha vez identificado e dentro do blog, chega o momento de escribir unha anotación.

A priori é algo moi sinxelo, pero como di o amigo Anibal, ahí é onde comenzan os problemas.

Antes de nada debes ter claro sobre o que vas a escribir, e como o queres contar. Lembra que todo o que escribas o vai poder ler calquera na rede (a non ser que se restrinxa o acceso; pero esta práctica vai un pouco en contra da filosofía blogger)

1º En primeiro lugar o título, ten en conta que os teus post poden ser lidos por lectores que só recollen os titulares, polo tanto un titular debe ser suxerente do contido do post.

Fíxate cando publiques que o título se vai converter nunha dirección url, nunha ligazón permanente, polo que poderás acceder a esa anotación en calquera momento e conseguir unha dirección rápida para poder facer ligazóns, tan só premendo no botón dereito do rato eliximos a opción: Copiar a ruta da ligazón.

2º O corpo da mensaxe. Hai moitos, moitísimos sitios onde dan consellos sobre como escribir nun blog, pero o máis importante ao meu entender é: citar as fontes (se a producción non é totalmente nosa, iso axuda a ir tecendo a rede); manter un estilo e desfrutar escribindo.

En todo caso ahi van unha serie de ligazóns que poden ser de interese sobre como escribir, (algúns tomeillos prestados deste blog que Isidro Vidal montou para outro obradoiro de blogs):

3º Unha vez temos o texto escrito, anímovos a engadir información hipertextual, por exemplo unha ligazón a unha páxina web, e unha ligazón a un post doutro blog.

4º No caso de que teñades habilitada a opción de engadir etiquetas (altamente recomendado) engadide as etiquetas que consideredes oportunas para o que contades nese post. Para probar, podedes engadir a etiqueta: intereatic

5º Non vos esquezades de darlle a publicar. Fixádevos que tamén poden quedar as anotacións como borrador e seren publicadas noutro momento.

Publicado en Blog: Actividades | 1 Comentario

Blog: Crea o blog, personalízao, engade temas e ligazóns

Como exemplo de sistema sinxelo de publicación de blogs, escollemos Blogia, despois vós podedes practicar co que queirades. Se queredes practicar con outros sistemas, recomendo acudir á blogaliza.org; están a realizar un bo traballo ;).

Actualización 17-09-06

Anibal de la Torre, para un obradoiro que vai dirixir no Congreso Edutec 2006; vai recomendar por varias razóns a utilización de Blogger na súa versión Beta.

Actualización 24-02-07

Outro servizo interesante: blog.com (castelán)

Os procedementos son similares.
1º Darse de alta en Blogia: Ir a http://blogia.com/altas.php

Necesitades un nome para o blog; unha dirección de correo electrónico onde podades recibir avisos; e un contrasinal.

2º Unha vez conseguistes crear o blog, xa o podedes administrar, en principio como usuarios non expertos; e ademais sodes usuarios de Blogia.
Se queredes ter máis opcións para controlar máis os diversos apartados do voso blog, só tedes que cambiarvos a usuarios avanzados ou expertos.

3º Escollede unha plantilla que vos guste para o voso blog

4º Engadir un par de temas do voso interese nas categorías

5º Engadide un par de ligazóns ao voso “blogroll”

Unha destas ligazóns podería estar en forma de texto e a outra podería ser unha imaxe

Actualización 12/12/06

Con Snap <http://www.snap.com/> podemos engadir a posibilidade de que se vexa o destino da ligazón tan só pasando o rato por riba da ligazón.

Publicado en Blog: Actividades | Comentarios desactivados en Blog: Crea o blog, personalízao, engade temas e ligazóns